lunes, 22 de junio de 2015

BRAIS LANDEIRA

Brais foi o último da súa clase en levar a mochila e xa tiña unhas ganas...


Fixo un montón de cousas...
Diferentes manualidades como uns gatiños e un títere dun paiaso



Un biscoito para os amigos


e un debuxo








BRAYAN

Brayan contou a todos os compañeiros o ben que o pasara coa mochila viaxeira.


Cociñou coa súa nai, visitou aos seus avós, xogou coa súa curmá Aitana e foi ao aniversario de Malena.
E quixo ensinar este debuxo que fixo na súa casa.



jueves, 21 de mayo de 2015

ALEJANDRA

Alejandra tivo unha visita moi especial, a do seu padriño e a súa tía Lyn. Como tiña a mochila viaxeira quixo facer con eles  e o seu irmán Jonathan unhas galletas estilo inglés.

Durante a semana púxose maliña con febre e conxuntivite pero, aínda así, tivo tempo de facer este debuxo tan chulo do conto de Orellas de bolboreta.


E a manualidade dos gatiños





CLOE

Cloe foi a última da súa clase en levar a mochila viaxeira.


Tivo unha semana moi especial porque foi coa súa familia ao Parque da Warner de Madrid. Aquí a tedes co seu irmán Brais posando na casa de Bugs Bunny.


Aínda así traballou moitísimo e quixo facer de manualidade unha percha decorada con plastilina


e un biscoito de chocolate





martes, 5 de mayo de 2015

GUMERSINDO


Que contento se puxo GUMER cando Cristian lle pasou a mochila!!!O seu irmán xa a levou dúas veces!!!!
Fixo un monton de cousas coa mochila: o cumple da avoa Chelo, xogou ao tute, montou nunha moto.....
E tamén fixo un cadro dun marquiño chulísimo!!!!! 


 e cando o seu irmán, Jesús, levou a mochila, fixeron cousas con pasta de sal. Así que Gumer tamén fixo estas cousas para traer para a súa clase
e tamén fixo un biscoito de mazás que estaba boísimo pero teredes que agardar para ver as fotos.

jueves, 30 de abril de 2015

MANUEL

Manuel pasouno xenial facendo manualidades de plastilina na súa casa. Primeiro fixo, cun pouco de axuda, un mono moi simpático e despois un porquiño que era o máis listo de todos porque vivía na casa de ladrillo.



Tamén quixo facer algo do libro de cociña e despois de mirar todas as receitas decidiuse polo biscoito. Aquí está batendo os ovos.




ÉRIKA

O primeiro que fixo Érika nada máis chega á súa casa foi mirar todos os libros da mochila. Aquí a tedes lendo o conto de "Orellas de bolboreta".


Tamén fixo uns ricos pasteis porque lle encanta cociñar coa súa nai.


Fixo  uns gatiños do libro de manualidades



E xa para rematar, fixo unhas minipizzas